Thursday 02 de May de 2024

Usuarios do Centro de Día visitaron no Lustres Rivas a exposición 15×20 Mate


Ante as inclemencias do tempo. finalmente foron oito os usuarios do Centro de Día de Riveira que se achegaron esta mañá ata o Centro Cultural Lustres Rivas para visitar a exposición 15×20 Mate con motivo dos 60 anos de Lesmes Fotógrafos.

O grupo, que quedou encantado coa calidade da mostra, estivo acompañado por tres animadoras (entre elas, a educadora social Martina González). No transcurso da visita recibiron unha explicación de mans do técnico de Cultural Unai González e mesmo tiveron ocasión de facerse unha foto de familia.